RAZA GALIÑA DE MOS


Ir al Contenido

Videos Xornadas Técnicas

Artigos técnicos e publicitarios

APLICACIÓN DA NORMATIVA DE AVICULTURA ARTESANAL DE GALICIA.

Video gravado en 2012 en Silleda, no que se explican os requisitos básicos para a posta en funcionamento dunha granxa de tipo artesá, segundo a norma que acababa de publicarse nese momento en Galicia.
Para ver o video pulsar no enlace http://vimeo.com/40672920

PRINCIPIOS BÁSICOS DA ALIMENTACIÓN EN AVICULTURA ARTESÁ NA RAZA GALIÑA DE MOS.

Video sobre a ponencia de D. Diego Rois dentro das Xornadas Técnicas da razas autóctonas, celebradas con motivo da Feira Internacional de Galicia en Silleda, Pontevedra, en xuño de 2014.
A charla adicouse a ter uns coñecementos básicos, en torno aos prinicipios nutritivos en aves da raza Galiña de Mos e fórmulas alimentarias en función da idade dos animais.
Para ver o video pulsar no enlace http://vimeo.com/102029485

CARACTERIZACIÓN DAS PULARDAS DA RAZA GALIÑA DE MOS FRONTE A UNHA ESTIRPE INDUSTRIAL. ANÁLISE DE RESULTADOS PARCIAIS

Video sobre a ponencia de D. Daniel Franco na Semana Verde 2014, no que nos avanza parte dos resultados do proxecto de investigación realizado entre a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, o Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia e o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, coa financiación da Xunta de Galicia, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e polo FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural), no que se analizaron as características productivas das pulardas de raza autóctona fronte a unha estirpe de tipo industrial.
Para ver o video pulsar no seguinte enlace http://vimeo.com/102106773

EFECTO DA PRODUCIÓN E CALIDADE DO OVO DA RAZA GALIÑA DE MOS.

Video sobre a ponencia de D. Daniel Franco na Semana Verde 2015, no que nos da resultados do proxecto de investigación realizado entre a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA e o Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia, coa financiación da Xunta de Galicia, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e polo FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural), no que se analizaron as características productivas do ovo e das galiñas da nosa raza autóctona fronte a unha estirpe de tipo industrial.
Para ver o video pulsar no seguinte enlace https://vimeo.com/141912628

LOGOTIPO 100% RAZA AUTÓCTONA GALIÑA DE MOS: SOMOS DE RAZA.

Presentación do logotipo 100% Galiña de Mos a cargo do Director Técnico, Diego Rois.
Para ver o video pulsar no seguinte enlace https://vimeo.com/141891612


Regresar al contenido | Regresar al menú principal