Menú Principal:
A raza
Os últimos censos oficiais con data 31 de dicembro de 2016, pódense consultar na web do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, e no seguinte enlace http://www.magrama.gob.es/es/ganaderia/temas/zootecnia/razas-ganaderas/razas/catalogo/peligro-extincion/aviar/galina-mos/iframe-ejemplo-arca.aspx, no capítulo de razas, galiña de mos, censos.
Pese a que a Unión Europea, considera o umbral de 25.000 reprodutoras para que unha raza de galiñas abandone o perigo de abandono, parece que a Galiña de Mos, tendo en conta os seus censos goza dunha aceptable saúde.
O ano 2011 provocou un máximo no número de criadores inscritos no Rexistro de Criadores e no de Reprodutores, do Libro de Rexistro da raza. Como era previsible o número de criadores vai descendendo, debido a unha maior profesionalización das ganderías existentes, que teñen que obter o código REGA, pero buscando unha maior media de reprodutores por explotación, pretendendo unha maior especialización e unha maior rendibilidade de cada explotación, cun incremento da media de poliños por explotación.