RAZA GALIÑA DE MOS


Ir al Contenido

Quen somos

A asociación

Concienciados polos graves problemas que estaba sufrindo a nosa querida raza, un grupo de criadores constituiron a Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos-AVIMÓS, co afán de impulsa-la súa cría.

AVIMÓS créase o 12 de febreiro de 2001 con oito socios fundadores, sendo recoñecida o 16 de maio do mesmo ano pola Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia como entidade colaboradora para a recuperación, conservación e fomento da raza Galiña de Mos.

Desde ese momento AVIMÓS colabora na coordinación de tódalas actividades que se convocan en favor da conservación e promoción da raza, sendo punto de contacto entre os avicultores interesados nesta fermosa raza.

A súa sé social está ubicada no Pazo de Fontefiz, preto do Centro de referencia na conservación e recuperación de razas autóctonas galegas, facilitando desta forma a interconexión entre os programas sobre a raza que realizan as entidades participantes.







Pazo de Fontefiz-Coles

32152-Ourense

Tel. 634 548 600



Regresar al contenido | Regresar al menú principal