RAZA GALIÑA DE MOS


Ir al Contenido

Comercialización de ovos

Normativa

De cara á comercialización do ovo para consumo das explotacións avícolas artesanais, observando a normativa existente sobre a comercialización de ovo, Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e o Real Decreto 226/2008, de 15 de febreiro, polo que se regulan as condicións de aplicación da normativa comunitaria de comercialización de ovos, obsérvase como os produtores con menos de 50 galiñas poñedoras, poderán vender os ovos ao consumidor final tanto insitu na propia granxa coma nun mercado local, non sendo nestes casos obrigatorio o marcado na casca, sempre que no lugar de venda atópese información sobre o nome, apelidos e enderezo (ou ben razón social).
Pero actualmente, existe unha crecente demanda de cara á venda en
establecementos locais de venda polo miúdo e a locais de hostalería, de pequenas cantidades de produtos que proveñen de explotacións avícolas artesanais perfectamente reguladas pola autoridade competente. Neste caso as normativas existentes de cara á comercialización do ovo, indican que a súa venda será posible sempre que exista unha clasificación e marcado do ovo nun centro de envasado ou embalaxe.
Actualmente a maioría dos centros de envasado de ovos, atópanse en mans da gran industria, nos que os pequenos produtores artesanais non poden acceder.
Desta maneira e ante a crecente demanda existente, desde a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA e desde a Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos-AVIMOS, plantexouse a creación dunha rede de pequenos
centros de envasado ou embalaxe de ovos procedentes de granxas inscritas no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais, a partir da raza autóctona, acordes as súas instalacións ao volume de produción. Desta maneira poderanse ofrecer aos nosos consumidores cada vez mellores alimentos, uns ovos máis sans.
Para o desenvolvemento desta estratexia, creouse unha
Guía para a instalación de Centros de Embalaxe de ovos da raza Galiña de Mos, procedentes de granxas inscritas no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais. Aplicación do sistema de autocontrol baseado nos principios do APPCC, elaborada por representantes de AVIMÓS, de BOAGA e do Servizo de Seguridade Alimentaria da Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde, da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Esta Guía foi aprobada o 12 de xuño de 2015 pola Directora Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, da Consellería de Sanidade.
No número 9 da revista Autóctonas Galegas existe unha reportaxe que fala dos primeiros centros de embalaxe de ovos de Galiña de Mos. Pódese descargar aquí.







Pulsar na imaxe para descargar a guía.


Regresar al contenido | Regresar al menú principal