RAZA GALIÑA DE MOS


Ir al Contenido

Recuperación

A raza

Tralas alarmantes noticias que se tiñan sobre o gravísimo risco de extinción da raza, a mediados do ano 2000, a Xunta de Galicia inclúe ?Galiña de Mos nos programas de recuperación de razas gandeiras e desde a Dirección Xeral de Producción Agropecuaria da administración galega, comézase o Programa de recuperación e Conservación da raza Galiña de Mos.

Nas primeiras prospeccións constatouse o deterioro que estaba sufrindo a raza ?localiza-los poucos exemplares que quedaban. O ilustre xenetista D. Fernando Orozco Piñán, que aportou a esta importante tarefa os seus grandes coñecementos, levouse unha gran alegría, xa que cando a partir de mediados dos anos setenta comenzou a localización das antiguas razas de galiñas españolas, non logrou atopar referencias sobre a raza e considerouna extinguida.

pollos

Grazas ao acceso que tivo o equipo técnico da administración galega a arquivos históricos, descubríuse o importante traballo que se fixera coa raza a principios de século. Observando aqueles datos morfolóxicos realizouse, baixo o asesoramento do Sr. Orozco, os primeiros apareamentos entre as mellores aves atopadas.

Trala observación dos resultados dos exemplares que se tiñan e sobre a base dos datos históricos observados, redactouse o patrón da raza e se creou o Rexistro de exemplares, tendo oficialidade coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia o 11 de maio de 2001.

 gallinas

No mesmo ano, os escasos criadores da raza que había neses momentos, conscentes do grave deterioro que sufrían os seus exemplares, crean a Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos-AVIMÓS co obxetivo de aglutina-los esforzos na recuperación da raza

Un impulso definitivo para a recuperación da raza foi a creación, a finais do ano 2001, da Unidade de Recuperación da raza Galiña de Mos no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, pertencente ?administración galega, no que se ubicaron galiñeiros en parques exteriores aloxando lotes de aves da raza para a realización dun Programa “Ex situ?de conservación da raza. Desde ese momento os criadores pódense proveer de poliños dun día e de machos reproductores do Centro.

Nos últimos anos foron moi importantes os avances conseguidos na recuperación da raza, debido ?correcta sincronización dos distintos programas.

Por unha parte, a creación do Rexistro da raza, con funcionamento similar ?dos libros xenéticos doutras especies gandeiras, permite poseer un arquivo dinámico, co que podemos recoñecer oficialmente a cada exemplar da raza e desta forma saber o censo exacto en cada momento, as?como toma-las decisións adecuadas dos apareamentos. O método usado para a identificación das aves ?o crotal na ?

O control do Rexistro da raza o efectúa unha Comisión Rectora formada por membros da administración autonómica e da asociación, tomando as decisións adecuadas de cara ?selección da raza. A valoración dos exemplares aptos para a súa inclusión no Rexistro a efectúan unha serie de xuíces de valoración.

Actualmente pódense acometer novos retos coa raza, visto o seu estado actual.

O programa de recuperación da raza dividíuse en tres fases principais, comprendidas en periodos de seis anos, comezando actualmente o terceiro ciclo, que incluir?unha inclusión definitiva nos mercados. As medidas principais de cada unha das fases foron as que se sinalan:

Fase 2000-2006: documentación, estudo, localización de exemplares, aprobación do patrón da raza, conservación de grupos reprodutivos, creación de Avimós, incremento de censos, establecemento do Libro de Rexistro,?br />
Fase 2007-2013: Incremento de censos dos grupos reprodutivos, expansión, fomento, marketing, creación de marcas individuais, entrada dos produtos nos mercados, propostas de adaptación de normativas, estudos de investigación,?br />
Fase 2014-2020: Incremento da producción, mellora da produción e especialización das explotacións avícolas, innovación no sistema produtivo e de comercialización, estratexias de comercialización, potenciación do concepto de raza, campañas de información, ...






Regresar al contenido | Regresar al men?principal