Menú Principal:
Normativa
En Galicia: o venres 11 de maio de 2001, publícase no Diario Oficial de Galicia número 91 a Orde do 26 de Abril de 2001 pola que se fai público o patrón da raza Galiña de Mos e se crea o rexistro da raza.
Esta normativa substituíuse polo DECRETO 149/2011, de 7 de xullo, polo que se establece o Catálogo oficial de razas gandeiras autóctonas de Galicia, regúlase o recoñecemento oficial das asociacións de criadores de razas autóctonas de Galicia que creen ou xestionen libros xenealóxicos e se aproban os programas para a súa conservación, mellora e fomento.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110722/AnuncioC3H1-130711-4390_es.html
Recentemente aprobouse un novo Programa de Conservación da raza Galiña de Mos que se puede consultar no seguinte enlace:
Programa de Conservación.
A nivel nacional: a importancia que tivo a raza reflectíuse no recoñecemento que tivo a Galiña de Mos por parte do Ministerio de Agricultura, ao ser a primeira raza autóctona de galiñas de España que obtén dito recoñecemento, ao ser incluída como raza autóctona de proteción especial, no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España trala inclusión da especie aviar (B.O.E. nº 213 de 5 de setembro de 2003 e B.O.E. nº 239 de 6 de outubro de 2003).
http://www.boe.es/boe/dias/2003-09-05/pdfs/A33523-33523.pdf
http://www.boe.es/boe/dias/2003-10-06/pdfs/A36173-36173.pdf
Actualmente o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente mediante o Real Decreto 2129/2008, por el que se establece el Programa nacional de conservación, mejora y fomento de las razas ganaderas, creou o Sistema Nacional de Información de Razas (ARCA) para o coñecemento e xestión das mesmas. Nesta base de datos nacional, pódese comprobar como a Galiña de Mos é a raza autóctona de galiñas españolas con maior censo.