RAZA GALIÑA DE MOS


Ir al Contenido

Programa Sanitario

A asociación

AVIMOS desenvolve un Programa Sanitario que comprende aspectos relacionados coa sanidade, a bioseguridade e as condicións de crianza, naquelas explotacións inscritas no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais. O obxectivo do programa é o de aplicar medidas de bioseguridade e de manexo para garantir as mellores condicións sanitarias das granxas da raza que efectúen a comercialización dos seus produtos.

Este programa sanitario conxunto de AVIMOS, está aprobado pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, para a aplicación do Decreto 216/2011, do 10 de novembro, (DOG do 24 de novembro de 2011), polo que se establecen as normas zootécnicas e sanitarias das producións avícolas artesanais e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais.

Unha das medidas fundamentais do Programa Sanitario son os controis sobre enfermidades zoonósicas, recolléndose periodicamente mostras por parte dos Servizos Veterinarios da asociación, sendo posteriormente analizadas no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, pertencente á Xunta de Galicia. Desta maneira póñense no mercado produtos con garantías sanitarias.


Regresar al contenido | Regresar al menú principal