RAZA GALIÑA DE MOS


Ir al Contenido

REGA

Normativa

No Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA) inscríbense todas as explotacións onde existen animais de produción. É indispensable inscribirse neste rexistro e cumprir os requisitos, para poder efectuar a comercialización dos produtos.

No caso das galiñas, as normativas existentes, soamente permitían inscribir as explotacións avícolas industriais pero en Galicia, creouse a finais do ano 2011 o Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais. Esta normativa permite rexistrar explotacións avícolas que conserven o seu carácter artesanal, dun xeito máis sinxelo, aínda que non afecta a aqueles que teñen as súas galiñas para autoconsumo. (Ver normativa)

A norma de avicultura artesanal limita moito as capacidades, sendo dun máximo de 50 galiñas poñedoras, 50 reprodutoras e 400 aves de cebo. No seguinte enlace pódese ver unha revista que editamos no que aparece un artigo sobre o decreto de avicultura artesanal, na páxina 18 http://issuu.com/transmediacomunicacion/docs/autoctonasgalegas7?mode=window&backgroundColor=%23222222

No ano 2012 fixéronse unas charlas informativas sobre este tipo de avicultura, podendo neste enlace ver a que dimos en Silleda (Pontevedra) http://vimeo.com/40672920



Regresar al contenido | Regresar al menú principal