Menú Principal:
Artigos técnicos e publicitarios
Determinación da posta anual nunha poboación de Galiña de Mos. (en castelán)
O artigo técnico indica os resultados na posta que se tiveron en lotes de exemplares da raza, criados nos anos 2006 e 2007 no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.
É importante observar o gráfico de posta, para apreciar a diferencia entre os diferentes meses do ano, variando os ovos postos en función da maior ou menor luz solar (sin luz artificial) que reciben as galiñas, desde o arranque da posta en xullo de 2006
Actualmente estanse a estudar máis datos sobre a posta dos ovos, con datos actualizados.
Pulsar na imaxe para ampliar.
Aparición de plumas brancas en exemplares de Galiña de Mos: un problema a estudar.
As diferentes coloracións nas nosas aves, son debidas á actuación de diferentes xenes que codifican o color. No caso da aparición de plumas brancas nas ás das nosas aves, en ocasións pódense confundir con decoloracións por efecto do estrés e non, por causas de actuacións de xenes indesexables.
Neste estudo demostrouse como un mal manexo que provoque síntomas de estrés, pode provocar un fallo na coloración, especialmente na á das nosas galiñas, que nos leve a confusión, non sendo neste caso, herdable.
A partir deste estudo apreciouse como procedía efectuar unha modificación no estándar orixinal da raza, sendo defecto non descalificante a aparición de parte de branco na á.
Galiña de Mos: A importancia do proceso de incubación e dos primeiros días.
Iste é a primeira parte dun artigo sobre o proceso de incubación e dos primeiros días de vida do poliño. Nas pequenas granxas non lle soemos dar importancia que ten á primeira fase da crianza dos nosos polos.
Neste artigo poderemos coñecer as técnicas de incubación e os principais problemas que nos atoparemos nesta fase.
Estudo comparativo das características produtivas e organolépticas dos Galos Mos fronte a unha estirpe comercial: Resultados preliminares (I)
Actualmente estamos a desenvolver diferentes estudos de investigación para caracterizar os rendementos dos produtos que se obteñen a partir da Galiña de Mos. Estas investigacións estanse a facer coa Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA, o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia e o Centro Tecnolóxico da Carne, organismos estes dous últimos, dependentes da Xunta de Galicia.
Neste estudo dividido en tres capítulos, analizáronse os resultados obtidos ao comparar o crecemento e a calidade da canal e da carne dos galos da nosa raza fronte a uns dos de tipo rubio industrial, empregados nalgunhas zonas de Galicia.
O estudo ampliouse con outro tipo de galos de engorde de crecemento rápido e outro lote dos Mos.
Características da canal e da carne do Galo Mos fronte a unha estirpe comercial (II)
Conclusións complementarias (III)
A Avicultura Artesá na raza Galiña de Mos. Aplicación da nova normativa e actuacións futuras.
A finais do ano 2011 creouse en Galicia o Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais. Esta normativa permite rexistrar explotacións avícolas que conserven o seu carácter artesanal, podendo facer a comercialización dos seus produtos. Esta normativa foi amplamente demandada pola nosa asociación.
Neste artigo podemos ver de xeito resumido as principais características que teñen que ter as instalacións.
EFECTO DA PRODUCIÓN E CALIDADE DO OVO DA RAZA GALIÑA DE MOS FRONTE Á ESTIRPE INDUSTRIAL.
Neste traballo analízanse os resultados obtidos no estudo de investigación feito comparando a produción oveira da raza Galiña de Mos fronte á estirpe poñedora industrial Isa Brown, nun sistema de avicultura artesanal e con tres alimentacións diferentes.
Comprobouse como o tipo de xenotipo empregado (raza fronte á estirpe industrial) foi determinante na callidade do ovo, atopándose moita diferenza entre eles.
Pulsar na imaxe para ampliar.
APROVEITAMENTO DE TERREOS BALDÍOS PARA GRANXAS AVÍCOLAS ARTESANAIS E COMERCIALIZACIÓN DIFERENCIADA.
Este artigo é un resumo dun amplo estudo feito para analizar a sementeira de cereais en terreos de pequeno tamaño próximos ás granxas avícolas artesanais, xa que noutros traballos se observou que os trigos autóctonos, principalmente, conteñen unha elevada cantidade de proteína. Tamén se observaron as calidades dos canais en función do tipo de sacrificio, transporte e aplicación de frío.