Menú Principal:
A raza
A domesticación das galiñas producíuse a partir de especies salvaxes do sudeste asiático, expandéndose por todos os rincóns do mundo coas distintas migracións dos pobos.
A chegada das galiñas a Galicia producíuse coa entrada dos celtas. Os celtas non era un pobo que usara estas aves para a súa alimentación, pero si usaban os galos para o aspecto lúdico como eran as riñas de galos.
Posteriormente, como sucedeu noutras zonas europeas, outras civilizacións fixeron diversas aportacións ata obter tódalas galiñas que aparecían en Galicia.
Son numerosas as referencias históricas sobre a raza e sobre os distintos tipos de galiñas que existían en Galicia.
No ano 1920 Santos Arán e no 1941 Ricardo de Escuriaza y del Valle -enxeñeiro agrónomo autor dunha cartilla avícola publicada no 1941 pola Cámara Oficial Agraria de A Coruña- falan de dous tipos de galiñas que existían en Galicia, a da costa e interior, de máis volume e peso, e a da montaña, de menor talla. Escuriaza xa decía refiríndose á galiña da costa e interior de Galicia que “esta raza de buen volumen y peso, de carne blanca y exquisita la debemos de extraer del heterogéneo conjunto existente”. Arán afirma que a galinña da costa e interior é “de mayor volumen, de carne de gran aceptación aunque de desarrollo lento, predomina en color leonado aunque no es raro ver mezclas de negro, ejemplares listados, cuca, etc. con patas y picos de color amarillo y desprovistos de plumas”.
Así que existían na nosa rexión diferentes tipos de galiñas sin clasificar. Entre estes tipos destacaba a principios de século un tipo de galos e galiñas campeiras que se criaban hacia o interior de Galicia predominando na comarca da Terra Chá na provincia de Lugo.
Xa no ano 1935, en épocas da segunda república, coa creación da Estación Pecuaria Rexional de Lugo, coménzase o proceso de selección e uniformidade da raza. Ao cargo deste traballo estaba o veterinario Blas Martínez Inda que afirmaba que adquiriran ovos na parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, en plena comarca de A Terra Chá, os primeiros ovos para incubar, dándolle ao grupo o nome de raza Mos. Desta maneira tan anécdótica a raza tomoou o seu nome. Nese ano publícase o primeiro patrón da raza aínda que todavía é oficioso.
No ano 1936 e 1937 seguen as incubacións de poliños, ampliando o censo de reprodutores, deixándonos D. Blas Martínez datos precisos de pesos dos animais afirmando que "por producción de carne son ideales por su conformación voluminosa, igualando los pollos en precocidad a la Rhode-Island y no siendo superados de adultos por esta". Naqueles anos as postas eran de 128 ovos anuais de media. Daqueles anos datan as primeiras fotografías que temos da raza, como as que podemos ver nesta páxina, do ano 1939.
Estando D. Carlos Santiago Enríquez de director do centro, incrementáronse os censos da raza e a súa venta aos criadores interesados deixándonos afirmacións como a seguiente: "hemos podido observar que esta raza de gallinas, tiende naturalmente a vivir en completa libertad, no acomodándose al enjaulado permanente sin que se refleje en su producción, y es mucho más vigorosa, precoz y resistente a las enfermedades".
A partir do ano 1942 o veterinario Juan Rof Codina procede a darlle un impulso á divulgación da raza e fai unha serie de estudios. Usaban para a selección o nidal rexistrador e tiñan galiñas con postas de 154 ovos.
Son varios os prestixiosos autores que nesas datas recoñecen á calidade da raza como D. Salvador Castelló Carreras que no seu libro Mi libro de gallinas do ano 1949 di: “En la Provincia de Lugo y Comarca de Mos hay unas gallinas de mucho volumen y peso, con cuya pollería las campesinas preparan para las navidades unos soberbios capones y pollardas”. D. César Ajenjo Cecilia na súa Enciclopedia de Avicultura do ano 1950 afirma: “Dentro de las variedades gallegas, destaca especialmente la que vive en la comarca de Villalba (Lugo),que en el tiempo que estuve allí me pareción excelente por su rusticidad y producción de carne fina”.
Rof Codina no seu libro de 1952 La Avicultura en Galicia afirma que a raza aínda que non ten todavía un patrón, xa se admite en exposicións celebradas en Madrid e A Coruña.
Cando se crea a Cátedra de Divulgación Pecuaria de Galicia no ano 1945, os seus profesores adícanse a impartir clases por tódalas provincias galegas os domingos e festivos. Rof Codina, na ponencia que da na II Asamblea Nacional de Avicultores y Exposiciones Avícolas no ano 1946 afirma que xa levaron as ensinanzas a vinte concellos da provincia de Lugo, oito na de A Coruña e, en breve comezarán un percorrido por doce concellos de Ourense, así como varios actos na provincia de Pontevedra. Nestas clases proyectábanse as razas de galiñas dando a coñecer á Galiña de Mos, seleccionada como a coñecemos actualmente.
No mes de setembro de 1944 celébrase o Congreso Rexional Agrícola Galego, estando entre os ponentes D. Juan Rof Codina e D. Esteban Ballesteros Moreno, ambos do Corpo Nacional Veterinario, que presentan a ponencia Plan de mejora en el rendimiento económico de la Avicultura na que xa contemplan a posibilidade de establecer un Sindicato de criadores da raza, ós que se lles daría normas para a súa selección. Afirman que no partido xudicial de Vilalba non serían repartidos reproductores doutras razas.
Así en anos posteriores, desde a antiga Estación Pecuaria Rexional de Galicia se reparten exemplares da raza extendéndose por toda a rexión.
Na antiga Estación Pecuaria Rexional de Galicia houbo lotes da raza ata o ano 1971, momento no que desaparece a súa sección avícola.
Na década dos anos sesenta se producen uns cambios enfocados hacia unha avicultura industrializada, introducíndose cruces entre razas para acadar altos rendementos, o que producíu un paulatino abandono da cría de exemplares de Galiña de Mos, quedando circunscrita cada vez a menos lugares ata situar á raza na actualidade ó borde da extinción.