Menú Principal:
A Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) é unha federación de asociacións sen ánimo de lucro que traballa para conservar, recuperar e fomentar o patrimonio zooxenético que representan as razas autóctonas en perigo de extinción de Galicia.
Avimós forma parte de Boaga, entidade que se encarga de colaborar na xestión dos Libros Xenealóxicos das razas de gando galegas, ademáis de promocionalas, estimular as súas producións, elaborar actividades de formación e asesoramento a gandeiros, coordinar o desenvolvemento de programas de cría e sanitarios e establecer un nexo de unión entre os organismos públicos e as asociacións de criadores e gandeiros.
www.boaga.es
A Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural e do Mar e do seu Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia desenvolve programas para a recuperación, conservación e fomento das razas autóctonas de gando de Galicia.
O Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente mediante o Real Decreto 2129/2008, polo que se establece o Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras, creou o Sistema Nacional de Información de Razas (ARCA) para o coñecemento e xestión das mesmas.
A Unión Europea dispón dun Fondo que contribúe a mellorar:
-a competitividade da agricultura e a silvicultura;
-o medio ambiente e a paisaxe;
-a calidade de vida nas zonas rurais e a promoción da diversificación da economía rural
A nosa entidade recibe unha subvención da Deputación da Coruña, englobada dentro do "Programa de subvencións dirixido ás entidades asociativas, federacións e agrupacións de entidades agrarias, labregas, gandeiras e forestais da provincia da Coruña para actividades do ano en curso". Esta axuda vai dirixida ao apoio á difusión e mellora da nosa raza na provincia da Coruña, mediante a promoción da raza en feiras agropecuarias específicas e coa formación e asesoramento a produtores, incluíndo a nenas e nenos en idade escolar.
A Deputación de Lugo, a través da súa Área de Medio Rural, englobada na Vicepresidencia, ten establecido un convenio de colaboración anual coa nosa entidade, para colaborar na organización de determinadas feiras de promoción dos produtos da raza, así como na participación da divulgación da mesma, a través de formación en colexios e outras entidades interesadas, na provincia de Lugo.