RAZA GALIÑA DE MOS


Ir al Contenido

Que é

Logo 100%

A Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos-AVIMÓS, foi recoñecida polo Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente (MAPAMA) para o Emprego do logotipo "100% Raza Autóctona Galiña de Mos". A raza Galiña de Mos é a primeira raza autóctona de galiñas españolas admitida para o emprego deste logotipo que funciona como unha marca de calidade.

¿Que é o logotipo 100% Raza Autóctona e cales son as condicións de uso?:
É un selo oficial único, diferenciado e recoñecible, identificador dos produtos procedentes de animais de razas autóctonas españolas, que ofrece aos consumidores as garantías de orixe dos produtos que consumen.
Existe unha normativa nacional polo que se rixe, o
Real Decreto 505/2013 de 28 de junio, por el que se regula su empleo voluntario en los productos de origen animal. O desenvolvemento desta normativa recóllese no prego de condicións para a utilización do logotipo “Raza Autóctona” para os produtos da raza Galiña de Mos.

¿Como xorde o logotipo 100% Raza Autóctona Galiña de Mos?
Esta é unha iniciativa impulsada pola Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos-AVIMÓS (co aval da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente-MAPAMA), tras unha crecente demanda por parte dos consumidores,de produtos que saiban e se críen coma os de antes sans, diferenciados e de cercanía.

¿Por que e para que utilizar o logotipo 100% Raza Autóctona Galiña de Mos?
Esta marca garante a pureza de raza e de cría das aves mediante métodos artesanais ao aires libre, ofrecendo unha oportunidade de mercado e unha apertura dos criadores da raza Galiña de Mos, a tódolos eslavóns da cadea alimentaria ata chegar ao consumidor final.
O nacemento desta marca provoca que o consumidor recoñeza os produtos da raza Galiña de Mos como 100% nosos, con garantía de orixe, porque consumindo os produtos da raza axudamos a que non se perda, porque teñen un sabor intenso e moi especial, son os sabores de antes, diferentes, próximos e naturais, porque consumíndoos respectamos o noso medio rural, aportando información para sentirnos orgullosos de disfrutar da súa calidade.
Coa raza autóctona recupéranse os sabores de antes, a importancia do xenotipo da raza. O sabor de raza.

¿Cales son os produtos da raza que se acollen ao emprego do logotipo 100% Raza Autóctona Galiña de Mos?
Todos aqueles derivados dos animais da raza: carne, ovos e produtos elaborados ou transformados así coma comida preparada (no prego de condicións para a utilización do logotipo 100%, especifícanse cales son os produtos da raza admitidos así como a súa descrición e forma de presentación)

¿Quen pode empregar o logotipo 100% Raza Autóctona Galiña de Mos?
Poden acollerse ao seu uso, 3 tipos de operadores autorizados:
Os produtores primarios: as explotacións avícolas e ganderías onde se crían exemplares da raza.
Os transformadores: matadoiros, salas de despece, centros de embalaxe e en xeral calquera establecemento admitido pola lexislación vixente no que se realice o sacrificio, despece, envasado, elaboración, transformación e embalaxe dos produtos da raza.
Os comercializadores: puntos de venda cara ao público e locais de restauración onde se expoñan e comercialicen os produtos da raza Galiña de Mos (carnicerías, tendas especializadas, restaurantes, locais de comida preparada de venda ao público…)

¿Como hai que facer para ser operador autorizado no emprego do logotipo 100% Raza Autóctona Galiña de Mos?
Para todo o que queira acollerse ao emprego do logotipo 100%, non ten máis que poñerse en contacto coa Asociación por teléfono, fax, e-mail ou correo ordinario a:

Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos-Avimós
Dirección:
Pazo de Fontefiz s/n 32152 Coles (Ourense)
Tef: 634 548 600
e-mail:
web: www.avimos.org

Unha vez en contacto, dende a Asociación dirémosche todos os pasos a seguir e os requisitos a cumprir para darse de alta e sobre cómo utilizalo logotipo 100% Raza Autóctona Galiña de Mos.




Regresar al contenido | Regresar al menú principal