Menú Principal:
A asociación
AVIMÓS ten en marcha un Programa de Cría dos animais da raza para asegurar unha correcta selección destes, controlando os seus parámetros productivos e aplicando unhas condiccións de manexo e alimentación totalmente naturais.
Este programa engloba catro accións principais, sendo a primeira o mantemento estricto do rexistro de exemplares, identificándose as aves da raza individualmente para posteriormente inscribir no Libro de Rexistro da Raza Galiña de Mos ós exemplares aptos. O control desenvólvese a través dos servicios técnicos da asociación. Periódicamente se cumplimentan diversos documentos sobre o estado e localización dos exemplares coa finalidade de manter actualizado o Libro de Rexistro.
Ó longo da vida das aves realízanse varias seleccións de exemplares que van desde o día de nacemento por parte dos criadores, ata o estado adulto por parte dunha serie de xuíces da raza. A finalidade é que pasen á reproducción soamente os mellores exemplares.
Faise un control de rendementos analizando diversos parámetros productivos como o número de ovos incubados, poliños nados, pesos a diversas idades, etc.
Os exemplares sométense a unhas condicións especiais de alimentación e crianza. Cando os exemplares son adultos críanse en liberdade, estando prohibidas as prácticas industriais como o aloxamento en xaulas. A alimentación dispensada é a base de cereais e outros alimentos naturais como así o facían os nosos ancestros.